martes, 12 de xuño de 2018

EXPOSICIÓN DE MARTÍN SILVA OZORES

O noso compañeiro Martín realizou unha estupenda exposición sobre a súa peregrinaxe en bici a Santiago de Compostela. Foi unha viaxe chea de maxia que realizou toda a familia xunta e que a pesar da dureza do camiño, de seguro pagou a pena!

Ademais, tamén nos presentou xunto con Paula e Dani Ozores o experimento que fixeron xuntos. Despois de falarnos sobre os distintos tipos de enerxía renovables e non renovables, amosaron ao resto de compañeiros o experimento que lograron: a través do movemento das aspas dun pequeno molino, conseguiron acender a luz dunha pequena casiña de cartón,demostrando así o poder da enerxía eólica. 

Noraboa compañeir@s por este gran traballo!!

 


1 comentario: