Este curso, ao igual que todos os anos, celebramos a SEMANA CULTURAL, que tivo lugar do día 18 ao 21 de maio.
Como o seu nome indica, esta semana é unha semana cargada de "cultura", de actividades varias, e onde a lingua galega ten un papel protagonista.
Este curso, levamos a cabo esta actividade tendo en conta as medidas de seguridade necesarias, sen esquecernos da seguridade de alumnos e mestres, pero sen que iso nos impedise desfrutar da riqueza deste evento.
A continuación presentámosvos e describimos as diferentes actividades que levamos a cabo:
-INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL: levamos a cabo a inauguración da semana cultural, con un acto inicial, no que todos/as escoitamos as palabras da nosa directora, Lucía, Luísa, como coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e no que nos acompañou tamén un membro do concello e unha intengrante da APA.
-ARREDOR DE XELA: Nas diferentes titorías levouse a cabo un traballo de investigación sobre Xela Arias, atendendo aos diferentes niveis.
Tamén se levou a cabo co alumnado de educación primaria un PASAPALABRA, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
-DIFERENTES VÍDEOS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO, que proxectamos ao alumnado.
-CAMIÑO DE POESÍA: nas diferentes titorías, cada alumo/a elaborou unha estrela, na cal se recollen poesías sobre o Camiño de Santiago (proxecto que estamos traballando a nivel de centro). O resultado foi unha vía láctea de estrelas, que decora o noso centro.
-OBRADOIRO DE CHAPAS: Todo o alumnado participou no obradoiro de chapas, inspiradas no Camño de Santiago, nas Letra Galegas e en Xela Arias.
-OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL: o alumnado de educación infantil levou a cabo un obradoiro de arte, pintando sobre film.
-
SABOR A CAMIÑO: tamén plantamos nos nosos hortos. Plantamos cenorias, tomates, leitugas e pementos de padrón.
-
MÚSICA NO CAMIÑO: a música tamén ten un papel importante na nosa semana cultural, e é o eixo de varias actividades.
Así, todos xuntos no patio, cantamos o romance de don Gaiferos e a canción "Eu quero soñar", que ensaiamos previamente co profe Javi.
Tamén escoitamos e bailamos música en galego, e visualizamos ao longo da mañá nas aulas o vídeo que compartiron connosco unhas pandereiteiras.
-CONTACONTOS: o alumnado de 6º de educación primaria contoulle contos ao alumnado dos diferentes niveis.
-CHARLA "CAMIÑANDO POLAS NOSAS ORIXES". A Asociación de Amigos do Camiño acudiu ao nos cole, a impartir unha acharla, axeitada a cada nivel educativo.
O alumnado de infantil pintou unha frecha amarela do camiño diante do noso cole, xa que por alí pasa unha ruta do Camiño de Santiago, "A orixe".
://www.facebook.com/100023022908785/videos/934971627280259/
-KAHOOT: o alumnado dos diferentes niveis realizou kahoots na aula de informática, axeitados a cada idade, O alumnado de 6º de primaria levou a cabo tamén un "Kahoot intercentros", co alumnado de outro centro da zona.
-PHOTOCALL: o alumnado puido sacar fotos no photocall elaborado polos mestres/as, para gardar un bo recordo desta semana e do noso traballo sobre o Camiño de Santiago.
-"ARREDOR DE XELA", actuación de Raquel Queizás.
-XINCANA DAS LETRAS. Levamos a cabo unha divertida xincana de actividades no noso patio, formada por actividades diversas, nas que desfrutamos moito.
-CAMIÑOS NO TEMPO. O alumnado de primaria levou a cabo un taller de pintura, sobre os petróglifos que se atopan no Camiño de Santiago. Para isto, nun primeiro lugar, explicóuselle o que son os petróglifos.
Empregando paos, fixeron unha representación mental destes, para logo, pasar a pintalos en papel contiuo, empregando ceras brandas. Tamén fixemos "petrógliflos inclusivos", en cadeira de rodas, con bastóns...
-XOGO DA OCA: as diferentes aulas tamén desfrutaron xogando ao coñecido "Xogo da oca", que representa o paso polo Camiño de Santiago.
-DESPEDIDA DA SEMANA CULTURAL.
Pechamos a semana cultural, facendo un balance do vivido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario