mércores, 29 de abril de 2026

FORMACIÓN DO PROFESORADO

 Xornada de formación para o profesorado sobre os club de lectura.



CLUB DE CÓMIC

 Hoxe tivemos unha nova xuntanza co club de cómic. Nesta ocasión tocoulle ao grupo de 6°. Ademais de intercambiar cómics e impresións tiveron tempo de crear impresionantes obras de arte cos chaveiros.












martes, 28 de abril de 2026

OBRADOIRO DE CROCHET

 Obradoiro de crochet para o alumnado de quinto e sexto. Comezaron con moitas dúbidas pero moitos pillaron o punto rápidamente.

Mañá e pasado seguiremos co ganchillo.

Gracias Sabina Lojo Dieste e Gemma pola vosa paciencia.
♥️



luns, 27 de abril de 2026

XORNADA DE CONVIVENCIA CO IES CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o día do libro, o alumnado de 6⁰ desfrutou dunha xornada de convivencia arredor da lectura no IES A Cachada. Cada alumno/a preparou unha recomendación lectora, que compartiu co alumnado do IES no xardín do seu centro e, despois, desfrutamos dunha merenda na biblioteca.

Foi unha experiencia maravillosa!











ENTREVISTA ÁS PROFES DE PRÁCTICAS

 En Radio Valiño temos 2 entrevistas moi interesantes ás profes de prácticas: Lara e Lucía. Anímaste a escoitalas??


Escoitáas AQUÍ!