A nosa biblioteca está máis creativa que nunca coa chegada da parede Lego. Un espazo pensado para construír, imaxinar e compartir ideas. Poderán dar renda solta á súa imaxinación usando as pezas de Lego. Un xeito divertido de estimular a creatividade e o traballo en equipo.
xoves, 3 de xullo de 2025
mércores, 18 de xuño de 2025
COMPROMISO COA LINGUA GALEGA
Hoxe as nenas e nenos de 3° e 4° tivemos a sorpresa que gañamos despois de cumprir o compromiso coa lingua galega.
Que ledicia!
martes, 17 de xuño de 2025
ENTREGA DE DIPLOMAS VOLUNTARIOS DA BIBLIO E ECOPATIO
Hoxe tivemos en Biblio Xocas a entrega de diplomas e un agasallo para o voluntariado de biblioteca de 5° e 6° así como a entrega de diplomas e detalle para a patrulla de Ecopatio que revisou durante todo o curso o estado dos patios nos recreos ( alumnado de 3°,4°,5° e 6°)
Grazas a todas/os por participar. Para o vindeiro curso máis e mellor.
venres, 13 de xuño de 2025
ACTIVIDADE FINAL CLUB DE LECTURA: ACAMPADA NO COLE
O día de onte foi moi emocionante, fixemos acampada no cole por segunda vez (a primeira vez foi o curso pasado).
Viñeron as familias e o alumnado dos clubs de lectura e, este ano, incluimos tamén ao alumnado voluntario de biblioteca. Foi unha divertida xornada de convivencia na que xogamos vimos unha peli, ceamos, durmimos e almorzamos xuntos/as.
Animádevos á participar nas actividades da biblioteca porque ler… mola!