xoves, 12 de xuño de 2025

VISITA DE ÁNGEL


Hoxe visitounos o doutor, xa xubilado, Ángel Lado. Aprendemos moito sobre o corpo e os seus coidados.
Finalizamos a xornada co lanzamento dun foguete fabricado por Ángel, que ten unha gran paixón pola astronomía. Cunha botella de 2L completa fixo o corpo, e con parte doutra, a cabeza e as aletas. Empregou unha pelota branda de escuma para completar a cabeza, co obxectivo amortiguar a caída.
A 3ª Lei de Newton, principio de acción e reacción, é na que se basea o funcionamento dos foguetes espaciais e os avións a reacción nos que voamos. Esta lei di que toda acción xera unha reacción de igual intensidade pero de sentido oposto. No caso deste foguete de fabricación caseira, o que ocorre é que a auga que se introduce no seu interior,  rodeada de aire comprimido polo bombín, fai saltar un tapón de corcho e que a auga saia a presión, facendo que o foguete despegue.











Ningún comentario:

Publicar un comentario