mércores, 17 de decembro de 2014

UNIDOS POLA TRAXEDIA

O 16 de decembro unha traxedia no mar trouxo a desolación ao pobo de Cabo de Cruz, Boiro. O barco bateeiro coñecido co nome de "Paquito Nº Dous", afundiuse cando ía cargado de mexillón a Muros. A súa tripulación, tres persoas veciñas, seguen desaparecidas. O alumnado xunto cos mestres e o persoal do CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz, queremos amosar o noso pesar e o noso apoio ás familias afectadas así como a todo o pobo. Decidimos, a comunidade escolar, suspender a celebración do "Festival de Nadal" en solidariedade co acontecido. ÁNIMO A TODOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario