Na mañá de hoxe, os alumnos do CEIP Santa María do Castro celebraron o enterro da sardiña, festexo co que se anuncia o fin do Entroido. Así, tras os rezos correspondentes, realizouse unha procesión dentro do recinto escolar, no que os alumnos desfilaron acompañados pola sardiña, que encabezaba a comitiva, e mostraron a súa pena polo final do desdichado peixe. Por ultimo, levouse a cabo a queima da sardiña baixo un mar de bágoas. Un emotivo acto cargado de simbolismo co que os alumnos gozaron acompañados dos seus profesores.
Ahí va, ahí va
ahí va o Carnaval
tan bonito como era
e que pronto se nos va
ahí va o Carnaval
tan bonito como era
e que pronto se nos va
(Cantiga popular)
Chorade nenos da vila
chorade, chorade, chorade
que o carnaval xa se foi
e o temos que enterrare.
chorade, chorade, chorade
que o carnaval xa se foi
e o temos que enterrare.
(Cantiga popular)
Ai que pena me dou
ResponderEliminarPois aínda podiades chorar mais eh!! jaja
Eliminar