mércores, 13 de abril de 2016

AGRADECEMENTO ÁS FAMILIAS

O pasado trimestre o alumnado de infantil indagamos sobre os dinosaurios: os nomes, a súa alimentación, desprazamento, hábitat, reproducción. Aprendemos moitíiiiiisimas cousas!!!! E ata inventamos o noso propio nome de dinosaurio!!!!
Tivemos moitas visitas, e dende o cole, queremos agradecer a participación das familias, que co seu gran de area, fan que sexa posible esta fabulosa aprendizaxe.
Agradecemento a Juan, o papá de Adrián (4 anos), os cales nos fixeron unha presentación maxistral dos dinosauros e nos fixeron pasar unha tarde extraordinaria.

Sen esquencer a tese de Andrés, o primo de Juan (3 anos), quen xunto coa súa mamá Paula, nos achegou máis ó coñecemento do  mundo dos "Lagartos Terribles".


E xa para rematar, agradecer por suposto a Elbia, que nos visita de vez en cando cun conto debaixo do brazo, ensinándonos o apaixoante mundo da lectura.



GRAZAS A TODOS E A TODAS POR FACER DA APRENDIZAXE UNHA ACTIVIDADE ENRIQUECEDORA, TANTO PARA O ALUMNADO COMA PARA O PROFESORADO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario