Os talleres de
rotulación formaron parte un ano máis do programa de actividades da nosa Semana
Cultural. Nestes obradoiros, os alumnos deseñaron bandas co nome dos libros que
leron ao longo do curso para a materia de Lingua Galega. Axudados polo
profesorado do centro, os cativos confeccionaron estes carteis para
posteriormente pasar a ser pegados nos banzos das escaleiras do edificio de
Educación Primaria. Algúns dos títulos para os que se
crearon estes vistosos infográficos foron ‘Chuzos de punta’, de Raquel Saiz e
Maja Celija ou o propio ‘Os soños na gaiola’, do homenaxeado nas Letras Galegas
de este ano Manuel María.
Ningún comentario:
Publicar un comentario