luns, 27 de xuño de 2016

ROUBARON NO COLE!!!

Desde o claustro do CEIP Santa María do Castro queremos aproveitar a canle de comunicación que supón este blog para denunciar unha deleznable acción da que o centro foi vítima. 
O pasado domingo, durante o transcurso da xornada electoral, alguén sen identificar roubou tres tartarugas do estanque co que conta o noso patio exterior, concretamente na entrada do centro e, por tanto, á vista de todos.


Non podemos máis que mostrar a nosa tristeza e rabia ante uns feitos que consideramos como vergoñosos e moi lonxe dos valores cos que educamos desde a nosa comunidade educativa. 


Por todo isto, e considerando a gravidade do asunto, deixamos constancia do roubo e interposto a correspondente denuncia no cuartel da Garda Civil de Boiro, esperando que a lei actúe e esclarézase este deplorable acto delituoso.

1 comentario: