xoves, 24 de novembro de 2016

TALLER DE COCIÑA

Como????? Que non sabedes o que facemos no taller de cociña??? que non sabedes porque arrecende tan ben as veces xunto a biblioteca???





Pois a ver que vos contamos algo do que levamos feito....(podedes pinchar en calqueira das fotos para velas en grande)


Ao principio estivemos traballando con froita, fixemos brochetas e macedonia.

Tamén cociñas PIZZITAS (feitas con pan de molde) e BOCAPIZZA (feitas con pan de barra...coma os bocadillos)


Por halloween, preparamos unhas terroríficas MOMIAS DE HOXALDRE, que estaban ainda mais ricas do que parecían!

Un día, aprendimos o que eran os CANAPÉS, e levamos algún para picar antes da comida cos nosos pais


Outra cousa que aprendimos o que era, son as FAJITAS, e fixemos dúas, unha salgada de queixo e outra doce de chocolate, non sei cal nos gustou mais...



Houbo unha vez que as profes trouxeron pan duro, pensamos que tiñamos que comer eso!!! Pero despois de cociñar, quedounos un PUDIN boíiiiiisimo!!!


Algo que nos gusta moito, é que este ano, preparamos as nosas propias tartas de cumpreanos para cada mes... xa levamos dúas!


As veces tamén, mentres a comida se termina de cociñas no forno, a profe Alma contanos algún conto que sempre ten algo que ver ca nosa receita! Como nos gustan os contos...


E o mellor... e que o levamos nos tuppers para compartir na casa!!!





Ademais de cociñas e levar comida, estamos aprendendo a untar, a cortar, a medir, a pesar, a esmagar a esmigañar e desfacer, a colocar, a derreter..... Un montón de cousas!

QUE???   XA SABEDES A QUE NOS ADICAMOS?   MENUDA ENVEXA EH!!!!

2 comentarios: