luns, 3 de abril de 2017

EMOCIONÁNDONOS

O alumnado de primeiro de primaria confeccionou un CADERNO DOS SENTIMENTOS, onde ian plasmando as súas emocións, estados de ánimo, impresións persoais…co obxecto de coñecerse mellor e expresar así as súas preocupacións e emocións. Saíron cousas moi interesantes.


Tamén estiveron xogando ao BINGO DAS EMOCIÓNS para falar sobre elas e así identificalas correctamente.

 Ademais de coñecernos por fóra, no noso aspecto físico tamén afondaron no noso interior, valorando as aportacións que teñen os demais acerca de nós mesmos/as,  traballando así o autoconcepto e a autoestima mediante a pregunta COMO SOMOS POR DENTRO?


Ningún comentario:

Publicar un comentario