xoves, 6 de abril de 2017

EMPAPÁNDONOS DE ÁFRICA

No traballo sobre as culturas do mundo que estamos a realizar durante este curso no cole, o terceiro curso decidíu centrarse en Africa.

Xa que temos na clase dúas rapazas procedentes de Etiopía, centrámonos especialmente neste pais, e investigamos sobre algunhas cousiñas que lles interesaban. Estivemos vendo un documental titulado Shoots From Abyssinia -O Sur, que trata sobre uns nenos etíopes, que foron adptados e viven en Galicia, e volven ó seu país para coñecer as culturas e tradicións...

Ademais de todo isto, estivemos escoitando música africana e facendo algúns bailes propios da súa cultura nas clases música e educación física.

E aproveitando a exposición que se foi creando no hall do colexio, estivemos presentando todos os obxectos que trouxemos para a mesma e que procedían deste continente.

Aínda que xa temos moito traballado, queda moito curso para seguir indagando sobre as curiosidades deste continente africano.











Ningún comentario:

Publicar un comentario