xoves, 18 de maio de 2017

SEMANA CULTURAL: LETRAS GALEGAS. CARLOS CASARES

O xoves da semana cultural adicámolo a coñecer un pouco mais ao homenaxeado deste ano, Carlos Casares. Para isto aínda que xa traballaron nas clases sobre esta temática, comezamos por ver uns vídeos sobre a súa vida e obra para achegarnos un pouquiño mais.

     
Para continuar, Irene, unha alumna de terceiro curso contounnos o conto de "Pomba da felicidade".

 

O alumnado de 5º presentounos tamén o seu traballo sobre o autor,cun práctico mural que quedou exposto no colexio para quen quera velo. Ademais retomando o gusto que Casares tiña por escribir columnas no xornal, eles fixeron o seu particular homenaxe facendo o mesmo sobre esta semana cultural do cole.

Por último, os rapaces e rapazas de 6º, leeron diferentes libros de Carlos Casares, e eles centráronnse na súa exposición en explicar a temática dos mesmos, falaron da "Galiña azul", "As laranxas mais laranxas de todas as laranxas" etc.




Ningún comentario:

Publicar un comentario