mércores, 25 de outubro de 2017

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



O luns 23 pola tarde conmemoramos o día das bibliotecas cunha actividade na que participamos todo o centro.
Organizamos unha lectura de redaccións coa temática “Que é para ti unha biblioteca?”.
Por cursos compartiron as distintas ideas e ata houbo alumnos que se atreveron a inventar un conto de medo arredor da biblioteca, dado a cercanía do Samaín. 


 



Visualizamos uns videos de animación á lectura e de bibliotecas no mundo e nos fixemos un “selfie” grupal para participar nun sorteo de libros a nivel nacional.

Por último decoramos un tendal con palabras claves sobre a 
biblioteca. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario