martes, 31 de outubro de 2017

REFACENDO O QUE OUTROS DESTROZARON

A mal tempo, boa cara. Eso foi o que decidimos facer o claustro do cole cando chegamos o luns 30 e vimos que uns vándalos destrozaran as cabazas que trouxeran os nenos e nenas o venres pasado. En vez de lamentarnos ou enfadarnos decidimos afrontalo de forma positiva e facer un obradoiro de decoración de cabazas para deixalas todas ben colocadas e ordenadas no muro da entrada do cole e festexar a noite de Samaín.



Podes ver todas as fotos facendo "click" nas seguintes imaxes.



1 comentario:

  1. Dende o meu punto de vista, o máis bonito foi a ilusión con que toda a comunidade educativa acometeu a tarefa de "refacer" o que, pouco máis de vintecatro horas antes, tiñamos xa feito. Parabéns para todos!!

    ResponderEliminar