martes, 24 de abril de 2018

Excursión a Corrubedo. 4º de primaria.

Na xornada deste martes os nenos e nenas de 4º realizaron unha saída ao Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carrexal e Vixán. Alí, as nosas guías amosáronnos as especies de flora e fauna máis comúns que podemos atopar neste entorno  mentres visitamos unha pequena exposición, para logo de ver un vídeo no que se nos explicou como se formaron as dunas ao longo do tempo, facer unha pequena ruta polo parque onde comprobamos a beleza da priaa do Vilar e do Parque Natural de Corrubedo.

Ademais, unha vez de volta,  a nosa guía Cris ensinounos mostras orixinais de distintas especies que habitan esta contorna, como esponxas de mar, distintas cunchas, ourizos, unha caveira de golfiño e ata unha vértebra e costela dunha balea.

 

 

1 comentario:

  1. isto e o que demostra que para ver paisaxes lindas non fai falta ir a outro extremo do mundo.sara sanchez

    ResponderEliminar