venres, 15 de xuño de 2018

Excursión 3º e 4º primaria

Para rematar coas actividades lectivas, os cursos de 3º e 4º realizaron unha excursión á Illa de Arousa, que se fixo esperar moi ansiadamente por culpa da choiva dos últimos meses.

Unha xornada completiña que comezou coa visita ao museo da conserva, e ao ascenso a un bonito mirados da Illa, e que continuou cunha boa camiñata pola beira do mar, que aínda que xa iamos cansos, conseguimos amenizar cun pouco de música e acabamos ata bailando sen sentir tanto cansancio... Por fin chegamos á praia, onde puidemos comer os nosos picnics e comprar uns xeadiños, e a xogar na praia e no auga coas pilas xa cargadas!

 






  

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario