sábado, 9 de xuño de 2018

RESUMO DO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS


O alumnado de infantil (3,4 e 5 anos) fixo un proxecto chulísimo sobre "As nubes": cadernos, manualidades,  experimentos e moitas cousas mais.






Tivemos grande repercursión mediática posto que nos visitaron 2 excelentes meteorólogos: Diego Viaño e Xoan Taboada.
Explicaronnos en que consiste o seu traballo e ata fixemos de "homes do tempo" por un día.
Ademais disto, saimos na prensa e nas redes sociais en varias ocasións.

 


O alumnado de segundo curso buscou, seleccionou e decorou as paredes do cole con refráns relativos ao tempo en galego coa axuda das familias.

 

O alumnado de 1º curso fixo un climograma coas temperaturas máximas, mínimas e chuvia do mes de marzo do 2018.

O alumnado de 6º curso fixo un climograma coas temperaturas máximas, mínimas e nivel de chuvia deste inverno pasado (xaneiro, febreiro e marzo do 2018).
Todos os datos sacaronos da páxina de Meteogalicia, concretamente da estación meteorolóxica que temos no concello, en Cespón.


 Finalmente fixemos unha xuntanza para darlle a conocer ao resto de clases participantes todo o traballo que fixemos nas nosas aulas. Foi moi interesante e enriquecedor!!

A profesora de educación física realizou un mural co alumnado de terceiro curso sobre os xogos e deportes que se poden facer dependendo das condicións climáticas e as estacións do ano.
Co alumnado de cuarto curso realizou un video sobre a importancia de facer exercicios de quecemento para iniciar calquera actividade física, mais aínda cando hai condicións extremas de calor ou frio.






A profesora de inglés e o alumnado de 5º curso de primaria realizaron un video sobre a predición do tempo en inglés.
Tamén realizou un video co alumnado de sexto curso con expresións sobre o tempo en lingua inglesa.


A orientadora do centro e o especialista de Pedagoxía Terapéutica, fixeron un timelapse sobre a evolución das árbores a través as estacións do ano e un traballo de como nos afectan emocionalmente os cambios atmosféricos.





PARA VER TODAS AS FOTOS DO PROXECTO, PREMEDE NA IMAXE 


GRACIAS a toda a comunidade educativa e persoal laboral que fixo posible levar adiante este proxecto.

2 comentarios: