11F. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este mes de febreiro celebramos no cole o día internacional da muller e a nena na ciencia para reflexionar sobre a escasa presencia das mulleres nas carreiras científicas e coñecer de primeira o traballo dunha científica no seu día a día.
Tivemos o gusto de charlar con Andrea López da Univerdade de Santiago de Compostela e con Julia Ameneiro da Universidade de Vigo. Faláronnos da vida e obra de científicas importantes e das consecuencias económicas producidas polo cambio climático.








Ningún comentario:

Publicar un comentario