mércores, 6 de febreiro de 2019

METEOESCOLAS: 4 ANOS



O alumnado de 4 anos estivo experimentando na clase traballando ,entre outras cousas, o vento.
Dentro do proxecto desenvolvidos en infantil "Os Esquimós" comezaron facendo "vento quente e vento frío" soprando sobre as súas mans para quentalas e despois enfrialas.
Máis tarde contáronlle un conto sobre unha embarcación que sufría os efectos dunha tormenta en alta mar e xogaron a mover un barquiño de xoguete na auga: primeiro simplemente soplando e despois con palliñas. Logo xogaron a  provocar ondas soplando dentro da auga.
Por último observaron os cambios de estado da auga relacionándoos co ciclo da auga e ca aparición de distintos fenómenos atmosféricos.










Ningún comentario:

Publicar un comentario