martes, 21 de maio de 2019

15 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS E XANTAR DE CONVIVENCIA

Como todos os anos o mércores 15 celebramos no cole o días das letras galegas.

Este ano está adicado á figura de Antonio Fraguas Fraguas. Pola mañá o alumnado estivo disfrutando das distintas exposicións que se fixeron nas clases sobre a figura homenaxeada.

Ademais tivemos a visita dunhas avoas que nos falaron das antigas romerías que se facían no Castro.

Xa a mediodía disfrutamos dun xantar de convivencia no que comimos todas xuntas, alumnado, profesorado e comunidade educativa, como de costume.

Como colofón deste día tan especial disfrutamos de diversas actuacións de tradición galega.

Aquí vos deixamos varias imaxes e videos do día.
Pincha no ENLACE para ver as fotos.

Como ben dixo Antonio Fraguas "Ser galeguista non é mais que ser amante da nosa terra"

Esta actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.





Ningún comentario:

Publicar un comentario