luns, 26 de outubro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 O 24 de outubro conmemorouse o Día Internacional da Biblioteca Escolar. 📘📖

Dende a biblioteca do noso cole abordamos este día levando a cabo unha charla e tempo de faladoiro co alumnado, acompañando isto dunha presentación. A través desta presentación, titulada "Os superpoderes da lectura", quixemos transmitir ao noso alumnado a importancia das bibliotecas escolares, e o que a nos nos gustaría que a nosa biblioteca e os libros significaran para eles, tentando transmitirlles a "maxia" 🎇🌟que gardan todos e cada un dos libros, así como o gusto pola lectura. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario