venres, 18 de decembro de 2020

CAMPAÑA 1QUILO / 1L = 1 LIBRO

Esta semana levamos a cabo no centro a II Campaña Solidaria de recollida de alimentos, a través da actividade 1 quilo / ou 1 litro = 1 libro. 📕📗📘

Deste xeito, o alumnado, de  maneira voluntaria, trouxo ao centro alimentos non perecedeiros, e levou a cambio como agasallo un libro procedente do expurgo da biblioteca. 

Esta recollida de alimentos realizouse en colaboración con CÁRITAS do Concello de Boiro. 

Que vos parece esta idea? 

Nos cremos que é unha idea xenial, cargada de solidaridade, e sen dúbida, foi todo un éxito!







Ningún comentario:

Publicar un comentario