venres, 22 de xaneiro de 2021

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA EN FRANCÉS

Participamos Concurso de banda deseñada en francés La Bande du Prim, organizado por DELF Prim (Diploma de Estudos en Lingua Francesa, expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia).

Deste xeito, foi a finais de xaneiro cando as mestras de francés e educación plástica e visual colaboraron para facilitar que, en pequenos equipos, o alumnado de 6º elaborara breves cómics en francés. O alumnado desfrutou moitísimo desta experiencia, pero sufrimos cando chegou o momento de elixir que proposta enviar ao concurso, xa que só se admitía unha por curso. “LE MÉTEORITE FRANÇAIS” foi a que resultou elixida.



Tamén vos deixamos as demais propostas do alumnado, que como podedes ver, son xeniais!




Con todo, estamos moi orgullosas dos produtos finais de todos os grupos, que tan duro traballaron desenvolvendo a historia, escribindo os diálogos e debuxando. Aquí vos deixamos un vídeo coas gañadoras e coas propostas doutros centros, a nosa inclusive.


Ningún comentario:

Publicar un comentario