venres, 19 de febreiro de 2021

MERCADILLO DA BIBLIOTECA

 1º MERCADILLO NA BIBLIO

Levamos  a cabo o noso primeiro mercadillo na biblio! 

Pero este é un mercadillo moi especial, xa que os nenos e nenas, para poder conseguir algunha cousa das que en el hai, teñen que cambialas por bibliopuntos. 

Estes bibliopuntos iranos conseguindo ao longo do curso, a través da lectura de diferentes contos e libros da biblioteca; cada vez que se efectúa o préstamo dun libro, sélase o pasaporte do alumno/a, e irá conseguindo bibliopuntos. 

É un forma de espertar e motivar o gusto pola lectura nos nenos e nenas, acompañado dunha recompensa final que os refozará de xeito positivo. 

Que vos parece esta idea?

Nos de seguro que repetiremos!












Ningún comentario:

Publicar un comentario