venres, 28 de maio de 2021

2º MERCADILLO DA BIBLIOTECA

  2º MERCADILLO NA BIBLIO

Levamos  a cabo o segundo mercadillo na biblio! 

Recordamos cal é a maneira de de que os nenos e nenas poidan conseguir algunha das cousas que hai no mercadillo: teñen que cambialas por bibliopuntos. 

Estes bibliopuntos iranos conseguindo ao longo do curso, a través da lectura de diferentes contos e libros da biblioteca; cada vez que se efectúa o préstamo dun libro, sélase o pasaporte do alumno/a, e irá conseguindo bibliopuntos. 

É un forma de espertar e motivar o gusto pola lectura nos nenos e nenas, acompañado dunha recompensa final que os refozará de xeito positivo. 

Unha vez máis, desfrutamos este día e vivímolo con ilusión. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario