luns, 14 de xuño de 2021

2º ANO DE EDIXGAL

 Desde hai tempo estamos levando a cabo unha dixitalización do ensino no cole:

- Participamos activamente no proxecto EDIXGAL, dotando de netbooks a todo o alumnado de 5º e 6º de primaria.

- Ponse á disposición do profesorado e do alumnado unha plataforma educativa con múltiples recursos que enriquecen o proceso de ensino e aprendizaxe.

- Reutilización dos netbooks de ABALAR para o alumando de 4º curso de primaria.

- Compra e actualización de equipos informáticos.

- 1 sesión de TICS (tecnoloxías da información e a comunicación) en todos os niveis de infantil e primaria: procesador de textos, uso das ferramentas de Google, navegación pola Aula Virtual do cole, etc.

- Formación continua do profesorado coa posta en marcha dun Seminario permanente sobre Edixgal.

- Formación para o profesorado do uso da Aula virtual e todo o seu potencial.

Desta forma estamos convencidos que o alumnado obterá unha competencia dixital axeitada ó mundo real que lle espera ó salir da escola.

Seguiremos loitando por mellorar ano a ano o desenvolvemento das competencias no noso alumnado.

Gracias a todas as persoas que día a día facilitan ese traballo!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario