venres, 19 de novembro de 2021

"LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE SEÑOR MORRIS LESSMORE"

Esta semana (15-19 de novembro), levamos a cabo co alumnado na biblioteca a visualización da curtometraxe  "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore"  📕📔📃📓📒📑


Aquí vos deixamos o vídeo, por se queredes desfrutar del:👇👇👇


Como resumo, este trata do seguinte:

 "A vida do señor Lessmore vese interrumpida por un furacán. De repente, todo o que tiña desapareciu. Nos seus libros escribía todos os seus sentimentos, estados de ánimo... e todo isto desapareciu nun instante. Non só perdeu todo o material, senón tamén a súa alegría, as súas esperanzas, os seus soños... Comeza a camiñar sen rumbo, cando de súpeto ve a unha muller con un puñado de libros voadores flotando no aire, como se fosen globos. Ao velo, ela dase conta de que precisa axuda, polo que envía ao seu libro preferido para que guíe ao señor Lessmore a unha enorme biblitoeca, onde os libros tiñan vida e precisaban ser coidados. Lessmore volve a recuperar a felicidade e as ganas de escribir, e así pasa moitos anos, vivindo nese máxico lugar onde a súa imaxinación voaba tan alto que puido rematar o seu libro"

 NON HAI NADA COMO UN LIBRO PARA QUE A NOSA IMAXINACIÓN VOE MOI ALTO❗❗❗❗📣📣




Ningún comentario:

Publicar un comentario