luns, 2 de outubro de 2023

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!!!

 

     Hoxe, día 2 de  outubro celebramos un acontecemento...





INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!!!
En homenaxe a Xaquín, o noso conserxe que se acaba de xubilar, puxémoslle nome á nosa biblioteca, que agora se chama...




Esperamos que vos guste a todos e a todas!!!

En este día, xuntámonos todo o alumnado e profesorado do centro na biblioteca para a inauguración, e levamos a cabo diferentes actividades:
 
-Presentación da nosa auxiliar de conversa para este curso, Rocío. 


-Presentación do noso PDI a nivel de centro: GASTRONOMÍA SOSTIBLE, xunto cunha presentación para que o alumnado comprenda o que imos abordar, así como o visionado dun vídeo sinxelo. 




-Dende a biblioteca agasalláronnos a cada aula con dous libros para investigar e traballar os proxectos. 


-Tamén presentamos as mochilas viaxeiras. Cada aula terá a súa mochila viaxeira, (con varios libros dentro e unha película) a cal viaxará á casa de cada un dos nenos e nenas, o tempo que o titor ou titora estipule. 



Dende hoxe as portas da nosa biblio estarán abertas para todos e todas os que queirades vir!

Ningún comentario:

Publicar un comentario