Na última semana de maio puxemoso broche final aos clubs de lectura cunha actividade conxunta na que participaron a maioría dos integrantes dos 4 clubs literarios do colexio (de narrativa, de cómic, de inglés e de familias).
O venres 31 pola tarde xuntámonos un total de 35 rapaces e rapazas e 10 persoas adultas para convivir durante unhas horas no centro, desfrutando xuntos de varias actividades, unha acampada e un bo almorzo, da man de Gastrolab.
Comezamos a tarde levando a cabo a visualización dun fragamento dunha peli, coa degustación de palomitas. Isto tivo lugar na biblioteca, que logo se convertiu nun improvisado restaurante, onde se serviu a cena.
A despedida dos máis pequenos foi en forma de xogos no patio, namentres os maiores quedaron conversando.
Todos xuntos dormiron na aula de psicomotricidade, que se encheu de sacos de dormir.
Á primeira hora da mañá do sábado, antes da despedida, desfrutamos dun marabilloso almorzo, elaborado por Miguel Mosteiro, acorde co noso proxecto de gastronomía sostible que traballamos durante o curso.
Esta actividade foi súper divertida e positiva para todas. Desfrutamos moitísimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario