Unha das actividades da semana cultural foi o contacontos en inglés do libro Oliver's Vegetables. Oliver é un neno que só come patacas fritidas. Pasa unha semana co avó no campo. O avó fai un trato co seu neto. Comerá patacas cando as recolla. Como cada día atopa un vexetal diferente, vese na obriga de probalos... e gústanlle.
Despois da lectura, fixemos unha cata a cegas de diferentes vexetais. E descubrimos que nos gustaba algún novo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario