venres, 13 de setembro de 2024

CHARLA VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

 Aínda que as portas da biblioteca estarán pechadas este mes, hoxe, venres 13 de setembro, comezamos cunha charla informativa para os veteranos e veteranas do cole con dous obxectivos. En primeiro lugar, informamos á rapazada de 5º e 6º de primaria sobre a labor do voluntariado da biblioteca. Respondemos ás seguintes cuestións:

- ¿Como é a "xornada" dun voluntario de biblioteca durante o patio? O patio divídese en dous: xestión de empréstitos e devolucións, e logo libre movemento ou proposta dirixida.

- ¿Como podemos ser un bo modelo no tocante ao uso da biblioteca? No respecto das normas e no fomento do amor pola lectura.

- ¿A que nos temos que comprometer? A vir unha vez á semana durante todo o curso.

As compoñentes do equipo de biblioteca quedamos satisfeitas, pois un total de 16 discentes serán voluntarias e voluntarios este curso.

En segundo e último lugar, animamos a todo o alumnado a que nos propoña actividades a desenvolver nos recreos. Aportamos exemplos de actividades (concursos, torneos, obradoiros, contacontos...) e demos coa fórmula para conseguir que estas se desenvolveran  correctamente e co máxima participación.

Grazas ao alumnado de terceiro ciclo por facer da biblioteca un espazo mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario