luns, 14 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS

 Co motivo da celebración do día das escritoras, visitounos Mila, unha apaixoada da cultura da Illa de Man, que nos narrou en infantil unha lenda dos gatos que alí habitan, ademais agasallounos cunha ilustración da gata de Manx, que o alumnado decorou individualmente.

En primaria falounos da importancia de todas as linguas, incluíndo o Manx (a lingua da illa) e a nosa (o galego), da función das lendas (explicar a realidade), ensinounos as paisaxes dalí e o parecido con Galicia a través dun vídeo de carreiras en moto. Contounos a lenda que explica a formación da illa por mor dunha pelexa entre xigantes e comparámola coa explicación científica da descomposición de Panxea nos actuais continentes. Por último, o alumnado ensinoulle debuxos nos que ilustraban outra lenda que leran en clase. Mila, grazas pola visita e por compartir os teus saberes sobre un sitio tan recóndito coma especial
🍀







Ningún comentario:

Publicar un comentario