martes, 28 de xaneiro de 2025

CLUB DE LECTURA DE POESÍA E TEATRO

 Esta semana no Club de Lectura de Poesía e Teatro puxemos en común a obra "O valo", unha peza dun único lance, coa guerra de Siria como pano de fondo, que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.

Para algún dos membros do club este foi o seu primeiro contacto co teatro, resultando unha experiencia moi especial para todas e todos. De forma conxunta realizamos un mural sobre o libro, recomendando ao resto do alumnado do centro a súa lectura.






Ningún comentario:

Publicar un comentario