mércores, 12 de marzo de 2025

ACTIVIDADES EXERIA

 Continuando con Alba de Exeria Proxecto, realizamos a actividade na que o alumnado debe atribuirlle democraticamente ás diferentes pezas (segundo a cor) do Jenga calidades e aspectos positivos que fortalezan o grupo.

Así, as pezas amarelas reflexarán os as pectos positivos dunha persoa. As vermellas indicarán algo que se lle dea ben a alguén do grupo. As verdes acordaron que representarían as emocións que están máis presentes. As azuis sinalarán os medos.
Actividade organizada polo centro para 4º, 5º e 6º dentro do programa de inclusión educativa #PIE da EduXunta







Ningún comentario:

Publicar un comentario