❤️🐇🧁❤️🫖🎩❤️👑🐛❤️
Dado que o libro elixido para o Club do Libro de Inglés foi Alicia no País das Marabillas, fixemos unha "tea party". Bebemos té inglés e comemos muffins de chocolate. Desexámonos un feliz aniversario porque hoxe non é cando nacemos! Como facemos sempre, comentamos o que aprendemos e o que máis e o que menos nos gustou do libro. Tamén tivemos tempo para falar un pouco dos libros xa lidos e das actividades que fixeramos no club. FELIZ NON ANIVERSARIO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario