Demos comezo á Semana Cultural '25. Coa inauguración contamos coa actuación das Rebuldeiras que nos amenizamos cunhas cantigas propias das cantareiras. Continuamos cunha morea de obradoiros que iremos rotando ao longo da semana nas diferentes clases: obradoiro de panderetas, baile tradicional, chapas, karaoke, colgantes, mentireiro-verdadeiro, chaplin, kahoots intercentros, xogos de cine a ata a creación do noso propio paseo da fama...unha Semana de Cine!!!!
Seguidamente tivo lugar a comida de convivencia no centro, na cal as familias acompañaron ao alumnado a pasar unha xornada de lecer no centro.
E xa para rematar tivemos os teatros do alumnado, así como bailes, cancións...que demostraron o grande traballo e esforzo tanto do profesorado coma do alumnado.
Un día cargado de emocións e ledicia na cara dos nenos e nenas...
Mañá máis e mellor!!!!!!!
Agradecemento especial á @afalouredacabo pola súa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario