Formación de Juan Ramos co alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria.
Nesta ocasión Juan empregou estratexias para poder memorizar dun xeito sinxelo. Amosoulles a chamada "curva do esquecemento" na que se ve como imos olvidando o aprendido co paso do tempo.
Como a atención é involuntaria, precisamos desenvolver técnicas que nos axuden a lembrar. Nesta ocasión, entre todas e todos, creamos unha historia enlazando palabras que previamente escribiron nun papel.
Moitas grazas polas técnicas e recursos que nos proporcionaches, agora toca poñelos en práctica!
AnhidaCoruña



Ningún comentario:
Publicar un comentario