Hoxe visitamos Taragoña. Grazas ao movemento veciñal FOUSAS AO MONTE descubrimos a gran cantidade de cousas que nos poden aportar os nosos montes.
O alumnado de 5° e 6° do CEP Brea Segade xunto co seu profesorado e xente da comunidade de Montes O Fieitoso falounos dos castiñeiros, da cortiza, da resina,... Tamén vimos e tocamos cabras e burros.
Foi unha experiencia marabillosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario