Re - creando!!!
As nenas e os nenos de 3° e 4° temos unha nova amiga chamada Carabela. Coñecémola grazas á escritora Paula Carballeira porque é a protagonista dunha das súas historias.
A rapaza acaba nunha illa de plástico así que decidimos investigar sobre este asunto que nos deixou preocupados e preocupadas. No mundo hai cinco illas de plástico reais! 😭😭😭.
Decidimos darlle unha segunda vida ao plástico usando a nosa imaxinación. Gústanvos?





Ningún comentario:
Publicar un comentario