mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 As alumnas da Eso e de Bacharelato do IES Barraña fixeron unha representación teatral para toda primaria mostrando as vidas de varias mulleres científicas ao longo da historia. Entre elas Hypatia de Alejandría constructora de instrumentos astronómicos, Ada Lovelance creadora do primeiro algoritmo informático, Marie Curie que descubriu o polonio e os radios X ou Hedy Lamarrd inventora da wifi.

Unhas grandes artistas impartindo unha gran lección de historia. Que mellor forma de conmemorar o #11F2026 #diainternacionalmullerenenanaciencia
Gracias ó alumnado do #IesBarraña o alumnado do cole (infantil e primaría) elaboraron uns #xardinseternos chulísimos!!! Moitas grazas ao profesorado e alumnado que o fixo posible. Foi unha experiencia moi enriquecedora e adaptada ao PDI do centro (Fauna e flora autóctona galega).














Ningún comentario:

Publicar un comentario