luns, 3 de febreiro de 2014

LOS OCHO FANTÁSTICOS. MATRIONUXCA

Trata dun mestre tallista que facía unhas bonecas preciosas.
Un día, fixo unha chamada Matrionuxca. Esta pediulle un desexo, quería un bebé, polo que, coa mesma madeira, fixo outra boneca chamada Rionuxca, máis pequena, pero igual a súa nai e meteuna no interior dela.
Rionuxca tamén quixo ter un bebé e, o mestre, fixo a Nuxca.
Esta quixo ter outro bebé e, por último, o mestre fixo a Ca, un boneco con bigote e díxolle ben claro que non podía ter fillos (Clara Muñiz)

Bonecas feitas por Clara M.
Foi un conto bastante corto e un pouco raro: pasou de haber un protagonista a haber cinco. O que máis me estrañou do conto foi que falaran as bonecas. Tamén me estrañaron os seus nomes: Matrionuxca, Rionuxca, Nuxca e Ca.
O que máis me gustou foi o final, cando o mestre tallista lle pintou o bigote a Ca para que fora un home e non lle tivera que facer fillos. Parecía un mexicano!! O raro é que as Matrionuxcas que nos ensinou a profe Marisol eran todas mulleres e, no conto que limos, a última boneca foi un home. Gustoume bastante; ao principio, non tanto, pero levabamos un cacho lido, xa me gustou máis. 
(Manuel Sánchez)



3 comentarios:

  1. I love aos nenos e ás nenas do clube, que traballan e poñen tanto entusiasmo en todas as actividades que se lles propoñen. Ánimo , seguide así e conseguiredes o que vos propoñades.

    ResponderEliminar
  2. hola, encantoume Matrionuca... Recoméndovos lelo porque está moy ben.

    ResponderEliminar