mércores, 18 de maio de 2016

FEIRA MEDIEVAL

Un ano mais celebramos a nosa xa habitual feira medieval. Este ano cun tono algo mais máxico, xa que todos os nosos talleres xiraron en torno ao mundo das lendas!

TALLER DE PÓCIMAS

Ademáis de descubrir as características e cualidades de moitas das plantas que temos polo noso patio e que descoñeciamos por completo, aproveitando as sabedorías de Xaquin, o conserxe do centro , tamén traballamos tamén con olores, sabores, pesos e cantidades para poder facer as nosas pócimas máxicas.




TALLER DE AMULETOS

Tamén fixemos amuletos para que nos trouxeran sorte, ou nos apartaras dos malos espiritos, cada un deles tiña un poder diferente, se queres saber cal precisas tes que ler o listado que fixemos onde explicamos as súas características.



TALLER DE MAQUILLAXE
Puidemos pasar por este taller para caracterizarnos un pouquiño mais dacordo a esta feira.







TALLER DE CANDEAS
Estivemos aprendendo a facer candeas, mezclando cores, e medindo cantidades para facer as texturas correctas.





TALLER DE CONXUROS
Como non podía ser doutra maneira nunha feira destas caracteristicas, despois de facer amuletos, pócimas e danzas, tiñamos que facer un taller literario para aprender a facer conxuros! 





TALLER DE DANZAS
Tamen aprendimos unha danza francesa con lenda propia, que se chamaba "Le Badoise", e que moitos anos atrás, empregábase para conseguir parella cando acababas de perder unha. Ata se animaron algunhas nais a bailar con nós.




Ao mediodía como xa é costume por outros anos, comemos no cole, alumnos, pais, nais, avos  e demáis familia, profes, Xaquín, Pepita, ex profes invitados... Esto de estar todos xuntos é unha das mellores partes do día!



Despois pola tarde, fixemos un pequeniño festival de actuacións, onde recitamos e cantamos poemas de Manuel María, como homenaxeado das letras galegas, bailamos unhas danzas celtas e medievais e tamén bailamos unha canción moderna.









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario