mércores, 18 de maio de 2016

EXPOSICIÓN DAS LENDAS - Semana Cultural


Como unha das actividade de peche ao noso proxecto anual de Galicia Encantada, os nosos alumnos levaron a cabo unha posta en común de todos os contidos traballados ao longo do curso en torno ao imaxinario da nosa terra. Os nenos expuxeron por cursos os eixos temáticos sobre os que traballaron durante todos estes meses e ditas presentacións foron escoitadas pola totalidade do alumnado. Así, os nosos alumnos conseguiron aprender uns doutros, coñecendo divertidas e sorprendentes historias que forman parte do noso rico folclore. 

Xela e Jorge de 4º de E.I. expoñendo a súa temática de personaxes mitolóxicos coas lendas sobre os Trasnos e A londra.





Nerea de 5º de E.I. expoñendo a súa temática de personaxes mitolóxicos coa lendas de A Sabeliña.
 


 Anxo, Melania e Gael de 6º de E.I. expoñendo a súa temática de personaxes míticos coas lendas do Lobishome e Pedro o Chosco.




Os alumnos de expoñendo a súa temática de meteoroloxía e astroloxía coa lenda dos Acantilados da herbeira e a Deuda Aine.



Manuel e Sara de 2º, expoñendo a súa temática da Auga coas lendas de A serea do pazo de Goiáns e a Fonte de Feltros.


Cedric, Laura e Miriam de 3º, expoñendo a súa temática de festas e romerías coas lendas da Noite de San Xoan e a de San Andrés de Teixido.






Rosa e Pedro de 4º, expoñendo a súa temática de Flora e Funa coa lenda de Poñerlle farois as vacas e a do Érbedo.



Os nenos de 5º, expoñendo a lenda da vila de Valverde.



Ana de 6º, expoñendo a súa lenda sobre lugares mitolóxicos coas lendas da princesa Aldara do castelo de Doiras e Pontes de  Gatín.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario