venres, 20 de maio de 2016

O COLE DE CABO POLA REDE - VIDEOCONFERENCIAS



Durante estes días da semana cultural, fixemos algo que para moitos de nós era novo, falamos con outros rapaces mentres estaban nas súas aulas, pero non por teléfono, senón por ordenador, e véndonos as caras, fixemos unha videoconferencia!
Aínda que a conexión a internet non era unha marabilla, conseguimos conversar con eles. Nos contámoslles unhas das lendas que investigamos, e eles contáronnos a nós unha lenda das súas zonas.
Fixemos vieoconferencias co CRA de Monterrei (Verin, Ourense), CEIP Pobra de Brollón (Lugo), CEIP Barrié de la Maza (Santa Comba) e o CEIP Porto Cabeiro (Redondela), aos que lles queremos dar as grazas por participar con nós nesta experiencia tal divertida e interesante. Esperamos volver a contactar con vós prontiño!

Alumnos/as de educación infantil escoitando a lenda da Coca que nos contou unha nena do Porto Cabeiro.

O alumnado de sexto mentres Ana lles contaba aos rapaces do Barrié de la Maza a lenda que investigou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario