mércores, 19 de abril de 2017

EMOCIONÁNDONOS

O alumnado de segundo de primaria aprendeu a identificar as principais emocións da man da lectura do MONSTRO DE CORES, convertendo a expresión das principais emocións nunha rutina de clase onde o alumnado expresaba o que sentía.


Tamén elaboraron o bote da calma, ó cal recorrían cada vez que algún deles por calquera motivo se sentía aturdido ou nervioso.

Coa axuda das familias, todas as semanas os rapaces e rapazas de segundo estiveron elaborando unhas sesións de contacontos nos que se traballaron as diferentes emocións. Algúns deles foron os seguintes:
O monstro de cores
Quitamiedos
La manta que abraza
Los niños no quieren la guerra
De que color son los besos

Carabuñas….

  


Promovendo o benestar interior das crianzas: autoestima, paciencia, calma…confeccionamos varias mándalas todo o alumnado do grupo durante o curso escolar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario