sábado, 22 de abril de 2017

MARCHA CICLISTA

O alumnado de 3º e 4º participou este venres na primeira marcha ciclista escolar de Boiro, promovida polo Obradoiro de Educación Viaria que dende principio de curso levan realizando no cole da man da Policía Local. Unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a práctica de exercicio físico á vez que se incide no uso da bicicleta como un medio de transporte sostible, mentres se aprende a circular dunha maneira segura.

Ademais de todo isto e o ben que o pasamos... saímos na radio e na tele!!





Fai click nas seguintes imaxes para acceder a ver o vídeo.

http://www.crtvg.es/informativos/estamos-na-i-marcha-ciclista-escolar-de-boiro-2890245http://www.crtvg.es/informativos/son-escolares-de-7-a-9-anos-de-cinco-centros-escolares-da-vila-2890236



Ningún comentario:

Publicar un comentario