O martes desta 9ª Semana Cultural, tiveron lugar as exposicións do traballo feito sobre Os Castrexos, que era o tema sobre o que xiraba esta semana. Tras repartir algúns temas concretos dentro da temática castrexa, cada clase investigou e traballou sobre isto e hoxe compartímolo e explicámosllo ao resto do cole.
O 2º curso fixo unha pequena presentación sobre a temática e falounos sobre a MITOLOXÍA, presentándonos a deusa Nabia e sobre os BARBANZÓNS, que eran os habitantes do Castro de Baroña).
O alumnado de 5 anos foron os encargados de falarnos sobre o apartado de ARTE, centrándose moito na explicación dos petróglifos para que os entenderamos.
Os nenos e nenas de primeiro curso explicáronnos moi clariño todo o relativo á VIVENDA.
A continuación, foron os alumnos de 3º curso os que nos falaron sobre a VESTIMENTA e tamén sobre a GASTRONOMÍA:
Unhas rapazas de 4º, foron as que nos explicaron a parte dos ASENTAMENTOS.
Foi o alumnado de 5º, o encargado de situarnos XEOGRÁFICAMENTE así como comentarnos o apartado de ECONOMÍA.
E por último, o alumnado de 6º, cun enorme mural e unha representación teatral, remataron esta posta en común explicándonos a ESTRUTURA DA SOCIEDADE.
Todo o material empregado para as exposicións, está exposto no vestíbulo do colexio, para todos os que queirades pasar a velo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario