O primeiro día de celebración da Semana Cultural do 2017 fixemos un montón de cousas. Pola mañá estivemos por grupos en diversos obradoiros con temática castrexa: Cerámica, Cestería, Teares, Xoias e Pan.
A mediodía comemos no cole e pola tarde tivemos agasallos e sorteos por parte da APA Loureda, actuacións dun grupo de nais, bailes dos grupos de 3º, 4º e 5º curso, e repartos dos bolos preñados do obradoiro de pan. Aquí vos queda unha reportaxe fotográfica da xornada e uns videos.
Un grupo de nais e avoas pandereteiras
Danza típica de Israel, "Samoth" (3º curso)
Danza típica de Estados Unidos, "Oh Susana" (4º curso)
Baile moderno do APA, "Grease"
Baile moderno "Uptown funk", (5º curso)
Ningún comentario:
Publicar un comentario